20 mar 2019

Salida didáctica de cine: "Elas bravas"

O alumnado de 2º e 3º ESO el 25 de marzo asistirán a una proyección de varios cortometrajes a favor de la mujer titulado "Elas bravas", en el Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela, relacionado con el tema que desde el PLAMBE de nuestro centro estamos trabajando: el cine.

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/elas-bravas

"ELAS BRAVAS! pretende ser por 2º ano unha celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices…) como de perspectiva de xénero nas historias.

Nesta sesión as protagonistas serán ELAS, en filmes con protagonistas femininas e cuxas historias están contadas dende a súa perspectiva, e tamén curtametraxes dirixidos e producidos por mulleres, a través dos cales coñeceremos a profesionais importantes (e bravas!) da industria audiovisual.

Na presentación e debate posterior en formato cinefórum contaremos coa directora Olga Osorio, cuxa curtametraxe Einstein-Rosen forma parte da sesión e que nos explicará os detalles do seu traballo e a súa profesión."

Con ela, ademais de debullar polo miúdo os detalles técnicos e narrativos desta peza, falaremos da industria audiovisual en clave de xénero: como é traballar como creadora nun eido no que historicamente as historias estiveron contadas por homes e dende a perspectiva dos homes.

 Esta actividade consta de 5 pezas audiovisuais: 3 curtametraxes, unha peza de non ficción e varias escenas dunha longametraxe. Foron creadas e dirixidas por mulleres profesionais do audiovisual 4 delas, e a 5ª (O Milagre de Ana Sullivan) é un filme protagonizado por unha muller forte, profesional e independente que existiu ademais na vida real e foi pioneira na súa profesión.
 

https://www.compostelacultura.gal/sites/default/files/unidade_didactica_elas_bravas-ilovepdf-compressed1.pdf

Ver páxinas desde la 5 a la 7 para ver as guías das pezas que vanse presentar.

A actividade post-proxección terá formato de cinefórum mozo, e comezará cunha rolda de preguntas xerais sobre que lles pareceron os contidos, na que iremos focalizando a nosa atención na análise destes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario