https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/elas-bravas
"ELAS BRAVAS! pretende ser por 2º ano unha celebración da presenza feminina no audiovisual, tanto a nivel de creación (directoras, produtoras, actrices…) como de perspectiva de xénero nas historias.
Nesta sesión as protagonistas serán ELAS, en filmes con protagonistas femininas e cuxas historias están contadas dende a súa perspectiva, e tamén curtametraxes dirixidos e producidos por mulleres, a través dos cales coñeceremos a profesionais importantes (e bravas!) da industria audiovisual.
Na presentación e debate posterior en formato cinefórum contaremos coa directora Olga Osorio, cuxa curtametraxe Einstein-Rosen forma parte da sesión e que nos explicará os detalles do seu traballo e a súa profesión."
Con ela, ademais de debullar polo miúdo os detalles técnicos e narrativos desta peza, falaremos da industria audiovisual en clave de xénero: como é traballar como creadora nun eido no que historicamente as historias estiveron contadas por homes e dende a perspectiva dos homes.
Esta actividade consta de 5 pezas audiovisuais: 3 curtametraxes, unha peza
de non ficción e varias escenas dunha longametraxe. Foron creadas e dirixidas por
mulleres profesionais do audiovisual 4 delas, e a 5ª (O Milagre de Ana Sullivan) é un
filme protagonizado por unha muller forte, profesional e independente que existiu
ademais na vida real e foi pioneira na súa profesión.
https://www.compostelacultura.gal/sites/default/files/unidade_didactica_elas_bravas-ilovepdf-compressed1.pdf
Ver páxinas desde la 5 a la 7 para ver as guías das pezas que vanse presentar.
A actividade post-proxección terá formato de cinefórum mozo, e comezará cunha rolda de preguntas xerais sobre que lles pareceron os contidos, na que iremos focalizando a nosa atención na análise destes.

Biografía de Olga Osorio: página 10
http://tm.santiagodecompostela.gal/es/actividades/sesion-elas-bravas-en-el-programa-didacticos-audiovisuais
http://tm.santiagodecompostela.gal/es/actividades/sesion-elas-bravas-en-el-programa-didacticos-audiovisuais
No hay comentarios:
Publicar un comentario