CONCERTO DÍA DAS LETRAS GALLEGAS O 16/05/2023
O 16 de maio de 2023 tiven a sorte de poder cantar no Coro de Rías Baixas de Vigo.
Neste estupendo vídeo podedes revivir o memorable Concerto das Letras Galegas 2023, celebrado o 16 de maio no Teatro Afundación de Vigo.Un evento especial promovido polo Consello da Cultura Galega co obxectivo de render un sentido homenaxe a Francisco Fernández del Riego.
O Coro de Cámara Rías Baixas e a prestixiosa Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave Caneda. Xuntos, deron vida a unha fermosa obra musical creada especialmente para esta ocasión: a Sinfonietta de Brais González.
Esta composición, encomendada polo Consello da Cultura Galega a Brais González, fusiona os textos de Salvador García-Bodaño e Xaime Isla Couto, que foron dedicados a Francisco Fernández del Riego.